O espectacular vídeo voando entre gansos

Un meteorólogo francés de case 60 anos leva desde a década dos 90 voando entre gansos. Christian Moullec emprega un vehículo ultraligero e, desde o seu asento, é capaz de tocar cos dedos aos paxaros mentres voan con el.

A historia de Moullec deuse a coñecer en todo o mundo grazas a unha reportaxe de National Geographic, que publicou un vídeo a principios de xaneiro que supera os 7 millóns de reproducións.

Adestra aos gansos para que lle sigan no aire. “Ao principio érame imposible. Non me facían caso. Despois de tres anos tentándoo, conseguín que 33 gansos novos migrasen de Laponía (Suecia) ao suroeste de Alemaña xunto a min”, di.

O ganso é unha especie en estado vulnerable. “Sempre fun un amante das aves. O proxecto dos ansares brancos foi o principio de algo que non deixei de facer desde entón”. Participou en documentais e películas, sempre voando xunto a paxaros. En 2013 gañou un premio Emmy polo seu traballo no documental de Discovery Winged Planet (Planeta Alado).

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.