Unha nova visión das dunas de Corrubedo

O Parque Natural das dunas de Corrubedo e lagoas de Carregal e Vixán é un dos espazos máis emblemáticos da natureza en Galicia. O parque ten unha lagoa doce, a lagoa de Vixán. E unha de auga salgada, a lagoa de Carregal, que mantén a súa comunicación co mar. Ámbalas dúas forman hábitats singulares para a flora e a fauna, que teñen características especiais que as converten nun importante refuxio de aves acuáticas. A paisaxe complétase cunha longa cadea de dunas, marismas, chairas e terras de labor.

Este vídeo de RPA Galicia, destacado na rede Dronestagram, permítenos sobrevoar as dunas de Corrubedo e admirar a beleza deste parque natural dende outra perspectiva.

Publicidade

 

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.