A dolorosa denuncia de Andrea, unha moza galega con endometriose

Captura de pantalla 2018-03-02 12.56.41Andrea González Sixto ten 24 anos e padece endometriose, unha doenza da que aínda se descoñece a súa orixe e para a cal non hai tratamento específico. Afecta a un 10% das mulleres en idade fértil, polo que en Galicia estímase que hai unhas 60.000 afectadas. Provoca intensas dores, sobre todo na zona pélvica, que ás veces só poden ser tratadas con opiáceos.

Con motivo do mes de marzo, no que se celebra o Día da Muller, moitas entidades conmemoran tamén o mes da endometriose. Andrea, que xa impulsou unha petición en change.org para pedir a creación dunha unidade multidisciplinar de endometriose en Galicia, publicou no seu perfil de Facebook un vídeo co que pretende facer unha denuncia da complicada situación pola que pasan decenas de miles de mulleres en Galicia, e aproximadamente dous millóns no conxunto de España.

“É preciso que haxa tantas mulleres sufrindo, simplemente porque non é unha enfermidade que afecte aos dous sexos?”, pregúntase Andrea. “Non estamos tolas, nin esaxeramos”, conclúe.

 

2 respostas a “A dolorosa denuncia de Andrea, unha moza galega con endometriose”

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.