O exercicio, a mellor terapia contra a enfermidade e a dor

O Colexio Oficial de Fisioterapeutas de Galicia (CoFiGa) acaba de presentar o novo vídeo da súa campaña “12 meses, 12 consellos de saúde“. Nel, aborda a necesidade de realizar exercicios terapéuticos no tratamento de doenzas e enfermidades cardiovasculares, respiratorias, artrite ou a diabetes.

“A evidencia científica – di CoFiGa – demostrou que a actividade física e o exercicio contribúen a unha mellora da saúde”. Iso si, cómpre realizalo, indican, “coa planifcación e supervisión dun profesional sanitario”, e no caso de formar parte do tratamento dunha patoloxía ou lesión, é “unha competencia propia dos fisioterapeutas”.

Publicidade

O exercicio de terapia é unha das principais competencias da práctica da Fisioterapia, xa que se trata de profesionais especializados na análise e o tratamento de problemas de movemento e funcionalidade. Grazas aos seus coñecementos da anatomía e fisiopatoloxía do corpo humano, os fisioterapeutas son profesionais da saúde expertos no movemento e no exercicio terapéutico, altamente especializados nos principios e efectos básicos do exercicio sobre os sistemas locomotor, neuromuscular, cardiovascular e respiratorio.

Máis información sobre CoFiGa, na súa páxina web.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.