Chega o bombeiro robot

Chámase SAFFiR (Shipboard Autonomous Firefighting Robot), mide 1,80 metros de estatura, pesa 65 quilos e acaba de incorporarse á plantilla dos marines estadounidenses para a loita contra o fogo. Este bombeiro robot é capaz de desprazarse por todo tipo de superficies e en calquera condición, pode abrir e pechar portas, usar mangueiras, manipular escotillas e realizar outras tarefas necesarias para extinguir chamas.

SAFFIR está equipado con granadas PEAT, de varios compostos químicos, que actúan como extintores ó estoupar. Para moverse, o robot conta con varias cámaras que lle permiten detectar todo tipo de obxectos, mesmo en situacións de pouca visibilidade polo fume do fogo. Dispón ademais con sensores que calculan a temperatura do ambiente e que lle permiten valorar os gases existentes na zona do incendio. Para completar as súas misións conta coa axuda compañeiro dron, un micro-flyer, que lle proporciona información para localizar focos de incendio. Con todo, os enxeñeiros traballan para seguir perfeccionando este robot, cuxa batería, de momento, só ten unha autonomía de dez minutos.

Publicidade

O bombeiro robot está programado para traballar baixo o mando do persoal de emerxencias e de seguridade grazas a un algoritmo que lle permite responder ás ordes dos humanos.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.