Os cans-robot de Boston Dynamics xa saben abrir portas

A empresa estadounidense de robótica Boston Dynamics publicou esta semana un vídeo no que amosa os avances conseguidos no desenvolvemento dos seus cans-robot SpotMini. Para algúns, unha mostra positiva do avance da enxeñaría e a robótica; para outros, unha imaxe inquietante das habilidades que están adquirindo estes cans-robot.

No vídeo vese como un dos cans SpotMini chega a unha porta pechada que non pode abrir. Nese momento, aparece un compañeiro robot, que leva incorporado un apéndice a modo de brazo, pero que ben podería ser tamén un longo pescozo que remata na cabeza, co que calcula a posición do mango da porta e consigue abrila. Unha vez conseguido isto, sostén a porta, deixa pasar ao seu compañeiro e, xuntos, pasan á seguinte estancia.

En novembro deste ano, Boston Dynamics publicou outro vídeo no que amosaba a outro dos seus prototipos, o Atlas, cunha aparencia máis humana, realizando un salto mortal.

A empresa, que xa desenvolveu varios modelos de robot con diferentes características, naceu nos anos 90 como unha spin-off do MIT e foi comprada por Google en 2013. O xigante de internet púxoa en venda en 2016 e en 2017 foi adquirida pola empresa xaponesa Softbank.

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.