Unha manda de candorcas é todo un espectáculo estes días fronte á costa de Lisboa, na desembocadura do río Texo. Previamente, foran gravadas en Sesimbra pola organización Ecco Oceans. Agora, novos vídeos e imaxes amosan estes cetáceos en toda a súa grandeza no mar.
Ademais, a Coordinadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños (Cemma) asegura que é probable que estes grandes cetáceos continúen a súa viaxe cara ó Norte, chegando á costa galega. “Poida que veñan cara ao norte, desta volta algo atrasadas. Se é así, entre sete e dez días estarán á altura da costa galega”, afirmaba a organización a pasada fin de semana. Agora, a Cemma identifica neste audiovisual dous dos exemplares, que xa foran avistados en Galicia en anos anteriores. Trátase de Corsica e do cachorro Sonrisa. Con sorte, pronto poderemos avistalas nas augas das Rías Baixas.
Nesta galería algunhas fotos publicadas por Ecco Ocean e por Bernardo Queiroz.