Un astronauta da Estación Espacial capta un meteorito caendo na Terra

O astronauta da ESA Paolo Nespoli logrou captar, a bordo da Estación Espacial Internacional, unha bóla de lume caendo sobre a Terra mentres tomaba imaxes da atmosfera.

Nepoli gravou estas imaxes o 5 de novembro ao redor das 22:33 horas, mentres a Estación Espacial estaba a voar desde o Océano Atlántico sur cara a Asia. A bóla de lume aparece na escena entre o segundo 7 e 8, na esquina superior dereita.

Unha bóla de lume é basicamente un meteoroide moi brillante, un pequeno anaco de “rocha espacial” natural, que ingresa na atmosfera da Terra e arde máis brillante que as estrelas de fondo.

Este meteoroide en particular movíase moito máis rápido que o normal, cunha velocidade estimada de ao redor de 40 km/s, segundo os expertos que traballan en obxectos próximos á Terra (NEO) no Programa de Conciencia Espacial do Espazo da ESA.

“Esta velocidade é realmente bastante rápida para os meteoroides, que tipicamente entran á atmosfera a un 20 km/s”, manifestou Rüdiger Jehn, co-xerente do NEO da Axencia Espacial Europea.

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.