Así soa o descubrimenrto do bosón de Higgs en versión heavy metal

Piotr Traczyk ten dúas paixóns: o heavy metal e a física. Por iso, este músico e científico, ex-membro do experimento CMS (Compact Muon Solenoid) do Centro Europeo de Física de Partículas (CERN), decidiu crear unha peza de heavy metal inspirada no descubrimento do bosón de Higgs.

Traczyk transformou os datos xerados pola detección desa partícula elemental nunha peza musical composta a partir da ‘sonificación’ en notas dos datos xerados polos detectores do Gran Colisionador de Hadróns (LHC). Para transcribir os datos en notas, Traczyk converteunos primeiro nunha escala cromática e logo utilizou logaritmos para levar o rango de frecuencias a unha franxa que resultara apropiada para ser tocada cunha guitarra.

Publicidade

boson-higgs-heavy-metal1
boson-higgs-heavy-metal2

A canción resultante é para ser interpretada con dúas guitarras: a primeira toca as notas correspondentes a rexistros gamma-gamma e a segunda segue o histograma da canle de 4 leptóns.

O vídeo gravouse no auditorio principal do CERN, onde se produciu o achádego do bosón de Higgs.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.