Así se ve un ano da Terra dende o espazo

A NASA presenta un espectacular timelapse do noso planeta tomado dende a cámara orbital EPIC

Un vídeo time-lapse que amosa o planeta Terra durante todo un ano. A NASA publiga agora os resultados da súa cámara-satélite EPIC, situada nunha órbita estratéxica que permite ver o noso planeta con todo detalle e ao completo. A primeira imaxe deste enxeño espacial chegou o 20 de xullo de 2015. E agora a gran cantidade de fotografías tomadas permite facer un vídeo que recolle tamén o movemento das nubes e outros fenómenos meteorolóxicos. Mesmo é posible contemplar a sombra que produce unha eclipse de Sol. Situado no punto 1 de Lagrange, un lugar onde as forzas gravitatorias teñen un singular equilibrio, o satélite pode ofrecernos así unha perspectiva única do noso fogar no universo.

 

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.