Así se estende unha metástase do cancro nun rato

Un equipo de investigadores do Xapón publicou en Cell Reports un estudo sobre o espallamento dunha metástase do cancro no organismo. A través de técnicas químicas que permiten transparentar órganos e con tecnoloxías punteiras na visualización de imaxes en alta definición, os científicos nipóns observaron a metástase do cancro nos pulmóns, o intestino, os riles e o cerebro dun rato.

Este traballo contribúe a ampliar os coñecementos sobre as doenzas relacionadas con desaxustes na división celular. As imaxes amosan as formas, o volume e a distribución das células cancerosas, polo que se poden detectar características relevantes para a distinción dos patróns da metástase.

 

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.