Así rescatou o ‘mariñeiro poeta’ un mascato atrapado por plásticos

Xosé Iglesias, pescador de baixura e escritor, publica o vídeo do seu pequeno 'milagre' de vida

Xosé Iglesias é alcumado como o ‘mariñeiro poeta’. Pero a realidade é que é as dúas cousas. O patrón de baixura do ‘Primero Villar’, con base na Coruña, é natural de Cee e tamén é toda unha celebridade nas redes sociais, despois de que no 2011 publicase en Youtube un vídeo tirando ao mar varias caixas de xarda, obrigado polas cuotas pesqueiras da Unión Europea.

Ademais de gañar o pan cada día no mar, Iglesias é tamén poeta, con obras publicadas como “Transfusión Oceánica” (Editorial Caldeirón). As veces, recita os seus propios versos a bordo do barco, en vídeos que abraian aos seus seguidores en Youtube.

O pasado día 5, Xosé Iglesias viviu un pequeno milagre, ao rescatar un mascato que tiña o bico atrapado por uns plásticos, que lle impedían obter alimento. Por sorte, conseguiu capturar ao animal e liberalo. O seu vídeo xa é viral na rede. Un novo episodio do ‘mariñeiro poeta’.

 

 

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.