Así foi a presentación do premio de Contar a Ciencia-“la Caixa”

A Facultade de Ciencias da Comunicación da USC acolleu este mércores a presentación do V Premio Universitario Contar a Ciencia-“la Caixa”, convocado pola Real Academia Galega de Ciencias (RAGC) e patrocinado por Obra Social la Caixa. O acto consistiu nunha clase aberta de Elena Vázquez Cendón, decana de Matemáticas da USC, que animou a participar aos mozos comunicadores e subliñou a necesidade da colaboración entre xornalistas e científicos.

O acto estivo presidido polo presidente da RAGC, Miguel Ángel Ríos, e nel tamén participaron María Jesús García Piñeiro, directora do Centro de Institucións de La Caixa e María Jesús Tallón Nieto, subdirectora xeral de Promoción Científica e Tecnolóxica Universitaria da Xunta de Galicia. No certame tamén colaboran a empresa Primux Tech e a Secretaría Xeral de Universidades.

As bases completas poden consultarse en gciencia.gal

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.