O vídeo do acto de entrega dos Premios Galicia Spin-off

Así foi o acto de entrega da segunda edición dos Premios Galicia Spin-off, que convocamos GCiencia e Banco Pastor. As empresas Galchimia, nacida dende a Universidade de Santiago; AllGenetics, vencellada á Universidade da Coruña; e Lupeon, creada por dous enxeñeiros da Universidade de Vigo, foron as premiadas no 2016.

No acto de entrega participaron o conselleiro de Educación, Cultura e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez; o alcalde de Vigo, Abel Caballero; e o director general de Banco Pastor, Fernando Merino, entre outras autoridades e representantes dos eidos da empresa, da ciencia e da cultura, que se deron cita na sede da Fundación Barrié en Vigo.

Publicidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.