Venres 19 Abril 2024

As imaxes máis impactantes do Sol en cinco anos

O Observatorio Dinámico Solar da NASA (SDO, nas súas siglas en inglés) vén de celebrar o seu quinto aniversario. Este observatorio leva un lustro recollendo imaxes detalladas de todo o astro rei 24 horas ó día. O SDO foi lanzado o 11 de febreiro de 2010 e pode capturar practicamente unha imaxe por segundo, proporcionando ós astrónomos unha visión clara sen precedentes de como crecen e estoupan as enormes explosións solares.

O vídeo publicado pola NASA co gallo deste aniversario amosa o máis destacado destes últimos cinco anos de capturas de imaxes: as nubes xigantes de material solar lanzado ó espazo, a danza de bucles xigantes flotando na coroa e enormes manchas solares emerxendo e afundíndose na superficie do Sol.

Publicidade

Neste lustro de actividade, o SDO puido, por exemplo, capturar imaxes en detalle a finais de 2014 das maiores manchas solares vistas desde o ano 1995, así como un torrente de intensas labaradas (explosións de luz, enerxía e raios-X).

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Ten sentido implantar en Galicia a nova medida antitabaco do Reino Unido?

A investigadora da USC Mónica Pérez advirte que nos países con altas taxas de fumadores é difícil que esta medida saia adiante

Debemos alarmarnos polo aumento de casos de tosferina?

En 2023, o número de casos desta enfermidade altamente contaxiosa aumentou en máis de nove veces con respecto ao ano anterior

O festival CinVigo volve esta fin de semana á Porta do Sol con ciencia e diversión

A programación do CINBIO inclúe unha feira científica, obradoiros infantís, unha xincana, maxia e espectáculos

O achado do maior réptil mariño da historia: así o descubriu unha rapaza de 15 anos

Un pai e a súa filla atopan en Reino Unido os restos dun peixe lagarto extinto que puido medir tanto como unha balea azul