As mareas vermellas xa teñen o seu documental

Xa está aquí o tráiler de Mareas Vermellas. Trátase dun documental realizado por Bioimaxe en colaboración con Ardora e a produtora Inxenia, que explicará con imaxes rodadas na fía de Vigo, e cunha linguaxe accesible, a orixe destes fenómenos habituais das rías galegas e con consecuencias para o sector mexilloeiro.

Presentación en Vigo do tráiler.
Presentación en Vigo do tráiler.

A iniciativa, que conta co respaldo da Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía (FECYT), compleméntase cunha páxina web que inclúe un apartado para que os cidadáns alerten da presenza de posible toxinas, así como coa elaboración de diverso material divulgativo.

Publicidade

O documental, de 20 minutos de duración, mostra o papel dos científicos fronte ás mareas vermellas e inclúe entrevistas con expertos do Intecmar, que son os responsables de realizar os controis, o Centro Oceanográfico de Vigo e o Instituto de Investigacións Mariñas-CSIC. Tamén dá voz ao sector mexilloeiro, sendo Galicia o primeiro produtor de Europa.

“Xa temos acordos con dúas salas de cinema de Santiago e Pontevedra e queremos levalo tamén a colexios e institutos”, sinala Jorge H. Urcera, de Bioimaxe.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.