As Illas Atlánticas presumen dos seus ceos Starlight

O Parque Nacional das Illas Atlánticas presume dos seus ceos, seleccionados dentro do programa Starlight, que reivindica os mellores lugares para contemplar as estrelas pola súa baixa contaminación lumínica. En Galicia, as illas comparten con Trevinca, no concello de A Veiga, esta calificación excepcional.

Neste audiovisual, o Parque Nacional emprega imaxes tomadas nas Illas Atlánticas polo astrofotógrafo galego Fernando Rey. Unha das súas fotos foi seleccionada no ano 2015 como a Imaxe do Día da NASA. Nela presentaba unha triple conxunción sobre as illas Cíes. Poteriormente, fotos de Fernando Rey, de Luzlux, integraron unha exposición na sede do parque, no edificio Cambón en Vigo.

Publicidade

TripleConjuncion-Galicia

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.