La diversidad de mamíferos influye en el ciclo de carbono en la Amazonia from Divulgare on Vimeo.

A Amazonia protagoniza un novo vídeo de animación do grupo Divulgare

A comunidade científica xa sabía que a diversidade vexetal inflúe nas reservas de carbono e axuda a mitigar os efectos do cambio climático. O que apenas se tiña estudado é se existe un impacto similar producido pola diversidade animal. Por iso, un equipo multidisciplinar de científicos de varios países, liderados pola Universidade de Standford, puxo en marcha un proxecto na Amazonía no que contaron co coñecemento ancestral de indíxenas das tribos Makushi, Wapishana e Wai-Wai de Güiana. Ao longo de tres anos realizaron un censo da vida nunha rexión de cinco millóns de hectáreas, identificando máis de 218.000 mamíferos, 46.000 árbores, 43.000 interaccións entre especies e un millón de restos orgánicos. As conclusións amosan que a diversidade de mamíferos inflúe no ciclo de carbono mediante interaccións tróficas nesta zona.

Os resultados do estudo recóllense no novo vídeo do grupo Divulgare, do Laboratorio de Ecoloxía e Evolución de Plantas da Universidade de Vigo, dirixido polo profesor Luis Navarro. Nesta curtametraxe de animación, dispoñible en inglés, francés e español, explícase que os bosques con maior diversidade de plantas e tamén de animais son máis eficaces en capturar recursos e producir biomasa, polo que os investigadores consideran “ imprescindible poñer atención na biodiversidade dos nosos bosques”.

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.