A tartaruga mariña ‘Rostro’ volve a casa

A tartaruga mariña común ‘Rostro’ volveu ao mar o pasado martes, tras 16 meses de recuperación no acuario do Grove, grazas á labor da Coordinadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños (CEMMA).

O réptil fora atopado en marzo do ano pasado na praia de Rosto, en Fisterra, con graves lesións producidas polos depredadores do mar e aparellos de pesca e que case lle custan a perda da aleta dianteira esquerda.

Publicidade

A tartaruga foi liberada a unhas 18 millas do Cabo Corrubedo cun microchip e un dispositivo satélite da Sociedade Portuguesa para a Vida Selvagem-SPV, que permitirán coñecer a súa ubicación en cada momento. De feito, o pasado 1 de xullo ‘Rostro’ xa enviaba a súa primeira mensaxe. En dúas horas, trala súa liberación, xa percorrera 5 quilómetros.

Tras o embarque, en Portosín, varios golfiños e unha balea alibranca achegáronse a saudar o regreso de ‘Rostro’ ao mar.

Na despedida da tartaruga estiveron presentes a conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Ethel Vázquez, e o alcalde de Porto do Son, Luis Oujo, ademais de Jose A. Martínez, presidente de CEMMA.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.