A música das estalactitas do Courel

Hai 340 millóns de anos, no Courel, aconteceu algo extraordinario:
da grande colisión de dúas placas continentais, naceu Galicia.
Hoxe, esta paisaxe única, cun patrimonio cultural e xeolóxico de interese mundial, vese ameazada.
Abandono, megaminaría e espolio forestal devastan este ecosistema.

Así se presenta o documental ‘Tempo’, un proxecto de longo percorrido de Manuel Valcárcel gravado no Courel. A xénese deste proxecto remóntase ó 23 de novembro de 2012, cando naceu Clara, o primeiro bebé nado en Froxán do Courel en 28 anos. Os primeiros meses de vida de Clara son o fío condutor do documental, no que a Serra do Courel e as súas xentes teñen un protragonismo absoluto nesta produción sobre o paso do tempo, a vida e a morte.

Agora, Valcárcel vén de publicar un novo adianto do documental neste vídeo no que o músico Alexandro González interpreta unha serie de notas das formacións calcáreas da gruta do Chao de Mazairos. O realizador e fotógrafo monfortino está traballando nos últimos detalles deste filme e xa publicou catro vídeos previos á estrea oficial, prevista para este primavera.

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.