Venres 26 Abril 2024

A mellor escena de caza da historia

O pasado domingo estreouse Planet Earth II, da BBC, en prime time. Ben o merece. Nada de deixar os documentais para a hora da sesta. En Reino Unido son moi bos e van en hora punta. Medio país (e parte do estranxeiro) están pendentes da segunda parte dunha serie que cambiou a historia dos documentais fai xa dez anos. E a primeira escena de caza da nova tempada ten removido aos espectadores das súas butacas e logo sacudiu as redes sociais. Nela vese unha trepidante carreira pola vida: unhas iguanas recentemente nadas foxen dun escuadrón da morte.

A narración da espectacular serie corresponde a Sir David Attenborough, que aos seus 90 anos segue modulando a voz como ninguén. A súa reputación precédelle, suma máis de 60 anos de experiencia e é a única persoa cun premio Bafta en branco e negro, en cor, en HD e en 3D.

Publicidade

É imposible non tremer con esta escena, que amosa a gran calidade dos documentais dunha televisión pública: a BBC.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Catro galegos proban o primeiro fármaco contra o fígado graxo nun ensaio clínico pioneiro

O tratamento, que acaba de ser aprobado en Estados Unidos, pode tardar dous anos en estar dispoñible en España

Catarreira, friaxe, peleira… As 12 palabras galegas para referirse ao arrefriado

O proxecto ALGa do Instituto da Lingua Galega permite coñecer as variantes léxicas deste estado patolóxico

O sector galego das TIC suma 23.000 empregos directos, 4.000 no último lustro

A facturación medra preto dun 14% e achégase aos 3.700 millóns de euros

Estamos máis preto da detección precoz do alzhéimer?

A través dos biomarcadores podémonos adiantar á aparición das enfermidades vinculadas á vellez