A historia de Yuca, a cadela que detecta o cancro de próstata

Trátase dun dos métodos máis precisos e menos invasivos para detectar esta enfermidade

Cada ano en España detéctanse 28.000 casos novos de cancro de próstata, o segundo máis común e a sexta causa de morte por cancro entre os homes en todo o mundo. Existen varios métodos para diagnosticalo, pero non son os suficientemente sensibles e precisos.

Na procura de novos métodos de detección do cancro menos invasivos e traumáticos é onde entran en xogo os cans. Os animais como a Border collie Yuka son capaces de acumular entre 200 e 300 millóns de células olfativas. Esta característica permítelles identificar as moléculas responsables dos cheiros que veñen do aire inhalado e de detectar os compostos orgánicos volátiles presentes nos ouriños e característicos do cancro de próstata.

Pero para iso, os cans realizan un exhaustivo e protocolizado adestramento con mostras con cancro e sen compostos procedentes do metabolismo das células canceríxenas.

A detección refórzase cunha análise metabolómico para caracterizar os compostos canceríxenos. Con esta combinación de ferramentas e o financiamento adecuado, os científicos poderán detectar mediante métodos máis precisos e non invasivos a presenza de cancro.

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.