A lura xigante de Humboldt, tamén coñecida como potón do Pacífico Dosidicus gigas (D´Orbigny 1835), pertencente á familia Ommastrephidae, endémico do Pacífico Oriental e que se distribúe desde as costas de California (40ºN) ata o sur de Chile (45ºS). Este xigante das profundidades do mar aliméntase de peixes meso-peláxicos, outras luras e crustáceos.
Ademais, é depredada polos tiburóns cando son xuvenís, mentres que os exemplares adultos constitúen o principal alimento dos cachalotes.
O equipo de Ecoloxía Azul obtivo no ano 2010 un exemplar capturado accidentalmente no Pacífico sur por un palangreiro español. E o profesor de investigación do CSIC Ángel Guerra fixo unha disección completa do exemplar, que se amosa neste vídeo.