30 anos do Servizo de Medios Audiovisuais da USC, en imaxes


O Servizo de Medios Audiovisuais (Servimav) da Universidade de Santiago de Compostela (USC) conmemora este curso o 30 aniversario da súa creación. A modo de repaso destas primeiras tres décadas de existencia, o servizo editou este vídeo documental que percorre a súa traxectoria dende a súa creación no curso 1984-1985. O que fora director do Servimav, Ángel Fagilde Trabada, é o fío condutor dunha narración na que tamén se recolle a testemuña dos seis reitores da USC entre 1984 e a actualidade.

Co lema ‘Memoria audiovisual da USC’, o documental pon a énfase nos acontecementos principais relacionados co Servimav, como a primeira retransmisión vía satélite entre unha universidade española e outra americana ou a utilización do primeiro videodisco na realización de todos os audiovisuais da exposición do quinto centenario da USC.

Publicidade

Dende a súa creación, o Servizo de Medios Audiovisuais gravou todos os actos académicos e institucionais da USC, ademais de acometer a produción de vídeos educativos de utilidade na docencia, a investigación ou a divulgación, así como producións culturais e traballos multimedia como os realizados con ocasión do centenario da Biblioteca América e da divulgación do patrimonio da USC. En conxunto, en 2008 este servizo iniciou a dixitalización de máis de 3.000 títulos que integran o seu fondo documental.

Atento á utilidade das novas tecnoloxías, en 2009 o Servimav deu un novo paso coa creación de USC TV que coas novas técnicas de streaming permite a retransmisión en director dos actos universitarios ademais de abrir unha nova vía para a consulta dos fondos audiovisuais universitarios.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.