Unha xigante que se move paseniño

Esta duna ten arredor de 20 metros de alto e un quilómetro de longo. Imaxe: Turgalicia.
Esta duna ten arredor de 20 metros de alto e un quilómetro de longo. Imaxe: Turgalicia.
Esta duna ten arredor de 20 metros de alto e un quilómetro de longo. Imaxe: Turgalicia.
Esta duna ten arredor de 20 metros de alto e un quilómetro de longo. Imaxe: Turgalicia.

Máis dun quilómetro de longo, uns 250 metros de ancho e arredor de 20 metros de altura. E móvese. Unha gran xigante que o vento empurra desde o mar paseniño, a razón duns tres centímetros cada ano.

Arredor desta duna medra un rico ecosistema. Dúas lagoas, unha salgada e outra doce, alimentan a vida de ducias de especies animais e vexetais neste enclave, situado no estremo dunha das principais penínsulas de Galicia.

Publicidade

Sabedes onde estamos hoxe? A resposta podedes atopala aquí.

3 COMENTÁRIOS

  1. ¿Cómo e quén mide ese dito avance de 3 cm /ano da duna fósil de Corrubedo?. Incríbel coma di Africano que a imaxe de Turgalicia para a duna fósil de Corrubedo apareza chea de pegadas aparentemente humanas (os animais tamén camiñan). O feito de non se ver a crista aguda separando a cara de acreción da cara de caída, ainda esas pegadas da foto son a millor proba de non haber tal avance poisse fora así desaparecerían en pouco tempo. Na vez de poñer un xigante que se move paseniño eu poria un xigante que morre devagar mentras o vento, a chuvia, os animais irracionais e os humanos estrican a area ata convertila nun cobertor .

  2. hai unha prohibición de trepar pola duna fora das rutas autorizadas.
    Increíble que Turgalicia da Xunta promocione a visita con semellante foto.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.