A viaxe do día: unión pura entre home e a natureza

Foto: Javier Arcenillas.
Foto: Javier Arcenillas.
Foto: Javier Arcenillas.
Foto: Javier Arcenillas.

Existen documentos na catedral de Santiago que acreditan a existencia real da peste que, segundo a tradición oral, deu comezo a esta célebre rapa. No século XVI, dúas irmás do lugar ofreceron dúas bestas a San Lourenzo para pedirlle que as librara da epidemia. As mulleres non enfermaron, e en agradecemento ao santo, doáronlle as bestas. Co paso do tempo, estes animais foron multiplicándose pola zona.

No século XVII xa hai constancia das primeiras baixas de bestas desde o monte ata o célebre curro desta aldea, que hoxe recibe a milleiros de turistas todos os anos a comezos de xullo. O primeiro día, pola mañá, moi cedo, veciños e curiosos suben aos montes e buscan ás bestas, para cercalas e conducilas a un terreo valado onde agardarán ata ser baixadas ao curro. Aquí, tras unha feroz batalla, os aloitadores córtanlle as crinas e desparasítanas antes de deixalas, ao remate da festa, libres de novo no monte ata o vindeiro ano.

Publicidade

Esta fodo de Javier Arcenillas foi elixida este ano finalista do prestixioso certame internacional de natureza Smithsonian Photo Contest.

Sabedes onde estamos hoxe?

A resposta, neste enlace.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.