Foto: Manuel Rey,

Foto: Manuel Rey,

Adiviña onde estamos: unha atalaia para contemplar a fin do mundo

O monte desde o que contemplamos estas vistas formouse hai 325 millóns de anos a 20 quilómetros de profundidade

Hoxe, 2 de xullo, toca falar de xeoloxía e de ciclismo. Arredor dun milleiro de ciclistas, entre os que están figuras como Javier Gómez Noya, Alex Zülle, Tony Rominger ou Joseba Beloki, forman parte dunha proba deportiva que hoxe pasa moi preto desta singular mole granítica. Ela é a protagonista da nosa viaxe do día en GCiencia.

Este monte, desde o que se divisa unha baía abrigada por un famosísimo cabo, formouse hai 325 millóns de anos a 20km de profundidade. Algo despois, hai 200 m.a., cando Galicia aínda formaba parte do supercontinente Panxea, a erosión deixouno ao descuberto. Está composto principalmente de granito. O paso do tempo, e a forza da chuvia e do vento deixou particulares formas que despertaron a imaxinación dos habitantes da zona. É un auténtico tesouro para os amantes da xeoloxía.

Polo seu estremo norte descende unha das fervenzas máis coñecidas de Galicia. E ao outro lado, ao sur, é posible divisar a praia máis longa de Galicia.

Sabedes onde estamos hoxe?

 

Unha resposta a “Adiviña onde estamos: unha atalaia para contemplar a fin do mundo”

  1. Baldomero

    Pues no, pero me gustaría saberlo, soy un berciano con poco tiempo en gallaecia. Pero prometo buscarlo y no lo hare arrastrando la foto a Google imágenes. Saludos.

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.