Antiga mina nazi, augas turquesa e paisaxe ‘Instagram’

As augas desta antiga mina teñen unha particular cor turquesa. Imaxe: Manuel Rey.
As augas desta antiga mina teñen unha particular cor turquesa. Imaxe: Manuel Rey.
As augas desta antiga mina teñen unha particular cor turquesa. Imaxe: Manuel Rey.
As augas desta antiga mina teñen unha particular cor turquesa. Imaxe: Manuel Rey.

A pesar da ‘neutralidade’ española durante a Segunda Guerra Mundial, Galicia foi moi importante para o Terceiro Reich. Nas entrañas dos nosos montes había un mineral, o volframio, que se empregaba para endurecer os tanques alemáns.

Unha das varias minas que explotaron os nazis é a que visitamos hoxe. As sucesivas explotacións deste monte, que foi despois canteira, acabaron por construír unha paisaxe que semella posapocalíptica, cunhas augas cor turquesa que abraian a quen visita a zona. Non é de estrañar que, nos últimos anos, se convertese nun lugar predilecto para os usuarios de redes sociais, como Instagram.

Publicidade

Sabedes onde estamos hoxe? Aquí está a resposta.

6 COMENTÁRIOS

  1. A Mina non é nazi. Os alermáns, que non son nazis todos coenzaron a explotar as minas de Galicia moito tempo antes de que nacera Hitler. E os mineiros alemans, como é o caso da Mina das Sombras ou a Mina dos Carrís ambas as duas en Ourense forn explotadas e descobertas por alemáns. Mais iso de relacionar minas-alemans-nazis non ten porque ser.

  2. As minas de Wolframio que Franco proporcionaballe a HItler. Por Vigo pasaban submarinos nazis e non sei si tiñan relacion con este mercado secreto ou discreto que fixo moitos ricos na zona.

  3. Son os restos das minas de volgframio en Monteneme concello de Carballo, con vistas a fermosa e larga praia Razo-Baldaio

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.