Imaxe: turismo.gal.

Imaxe: turismo.gal.

Un abraiante abismo que cae no mar

Esta comarca galega posúe algúns dos cantís máis altos de Europa e ten un grande interese xeolóxico

Imaxe: turismo.gal.

Imaxe: turismo.gal.

É un dos lugares máis afastados da xeografía galega. Quizais por iso se conservou, en gran parte, prácticamente virxe, e a naturaleza segue gobernando a paisaxe ao seu antoxo. Esta zona, que esta fin de semana acolle a milleiros de persoas que asisten a un dos maiores festivais de música folk do mundo, é un libro aberto de xeoloxía.

Entre os seus atractivos, está unha das serras litorais máis elevadas de Europa. Nalgún dos seus cumios, acádanse os 620 metros de altitude, cunha pendente case vertical ata o mar. Conta tamén cun coñecido cabo, onde se poden contemplar unhas rochas antiquísimas, e dentro da mesma comarca tamén está o punto máis septentrional de Galicia.

En que comarca galega estamos hoxe? A resposta, nesta ligazón.

Unha resposta a “Un abraiante abismo que cae no mar”

  1. Na Serra da Capelada o Vixía Herbeira e un dos pontos mais salientables xeográfica e xeolóxicamente obre todo de Galicia. En Galicia hai outros ponto semellantes: Barbanza, Pindo coa mesma altura. As rochas de cabo Ortegal son das mais antiguas de Galicia e tamén da Península Ibérica. Pero o que sen duda algunha o mais importante é que dende Vixia Herbeira se pode contemplar a paisaxe deixada pola rotura do Continente Panxea que comenzou hai 200 millóns de anos. O acantilado no é consecuencia da erosión mariña senon que e a cicatriz da rotura de Panxea. Dende Vixia Hebeira hai 200 millóns de anos estaríamos a ver alonxarse o continente americano as actuais costas de Norteamérica e Canada e tamén Groenlandia.

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.