Venres 29 Marzo 2024

Vigo inclúe xa 50 prazas para Enxeñería Aeroespacial en Ourense

A Universidade de Vigo ofertará para o vindeiro curso nos tres campus un total de 3713 prazas, a falta de sumarlle as do Centro Universitario da Defensa de Marín, que serán determinadas polo Ministerio de Defensa. Esta cifra é moi similar á do presente curso, agás que, por unha banda, se inclúen as 50 prazas que ofertará o vindeiro ano o Grao en Enxeñaría Aeroespacial, que neste intre continúa a súa tramitación; e, por outra, as reducións, igual ou de menos dun 5% tal e como contempla a lei, que se introducen en catro titulacións: o Grao en Comercio que pasa de ofertar 115 este curso a 110 o vindeiro; o Grao en Enxeñaría en Organización Industrial que pasa de 76 a 73; o Grao en Enxeñaría en Tecnoloxías Industriais que pasa de 105 a 100, e o Grao en Enxeñaría Mecánica que se reduce de 143 a 140. Por campus, Ourense ofertará 920 prazas, 50 máis que este curso ao incluírse as do Grao en Enxeñaría Aeroespacial; Pontevedra 715, as mesmas que este curso, e Vigo ofrecerá 16 prazas menos, por mor da reducións operadas nos catro graos antes citados.

Outro dos acordos adoptados polo Consello de Goberno foi a aprobación da declaración de interese para a implantación no curso 2017/2018 dos programa de doutoramento Auga, desenvolvemento e sustentabilidade e Creatividade e innovación social e sustentable, produto dos procesos de especialización dos campus de Ourense e Pontevedra, respectivamente. Os vicerreitores, Virxilio Rodríguez e Juan Manuel Corbacho, xustificaron ante os membros do Consello o apoio a estes programas, arredor dos que se agrupan 96 investigadores e investigadoras no caso de Ourense e 58 no de Pontevedra e que o vicerreitor ourensán cualificou de “peza chave para a especialización do noso campus”.

Publicidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

As cinzas dos lumes de 2017 poden causar alteracións no plancto costeiro da Vigo

O estudo realizado por investigadores do CIM da Universidade de Vigo centra a súa investigación na escorredura posterior ás queimas

A falsa endemia de malaria e outros intentos para desecar a lagoa de Antela

A partir do século XVIII a zona húmida foi considerada inimiga da agricultura. Os veciños intentaron evitar o desaugamento das terras que utilizaban para o pastoreo

Os bioplásticos e polímeros sintéticos teñen realmente capacidade de biodegradación?

O proxecto Polbio nace para determinar se este proceso pode ter algún efecto tóxico en ambientes terrestres e acuáticos

Un método estatístico permite detectar por primeira vez que liñaxes celulares evolucionan máis rápido

O estudo, no que colabora a Universidade de Vigo, axudaría a identificar mutacións con incidencia en enfermidades como o cancro