Xoves 28 Marzo 2024

A Sociedade Americana de Química recoñece un artigo científico da UVigo

Un artigo con amplo recoñecemento. Efectos dinámicos responsables dunha alta selectividade nunha sigmatrópica [3,3]que presenta un estado de transición bispericlíclico é o traballo de Carlos Silva, docente e investigador do Departamento de Química Orgánica da Universidade de Vigo, de Olalla Nieto e Roberto Villar, que acaba de ser distinguido polo programa Editor’s Choice da Sociedade Americana de Química, ACS.

aq3

O artigo está publicado no número desta quincena de The Journal of Organic Chemistry, unha das revistas máis importantes da área da química orgánica, que no último ano só distinguiu sete artigos dentro do programa Editor’s Choice, entre eles o do premio Nobel Ben Feringa. “Este recoñecemento en primeiro lugar é un sinal de que se valora o noso traballo de investigación. Ademais faise nun foro moi competitivo, onde chegan decenas de artigos diariamente e os filtros son bastante severos. Logo, ten tamén implicacións na difusión que vai disfrutar este traballo, de xeito que calquera persoa pode descargarse o artigo e lelo, estea nun centro académico ou de investigación que pague a subscrición ás revistas da ACS ou non”, explica Carlos Silva.

Publicidade

“Cando estudamos unha reacción química normalmente non podemos obter datos máis aló duns poucos lugares por onde pasan as moléculas que están a reaccionar, é como si todo ocorrese mediante túneles aos que non podemos acceder e só puidésemos saber que fan e onde van as moléculas a través de curtos espazos abertos entre dous túneles”, comenta Silva. No traballo recoñecido polos editores de máis de 50 revistas de Sociedade, o equipo do departamento da Universidade de Vigo estuda un tipo de reacción bastante especial “onde unha molécula entra nun deses túneles pero non sae por onde se espera. Ademais de describir este curioso efecto fomos capaces de identificar que partes da molécula son as responsables de que isto ocorra e de dirixir preferentemente a molécula cara unha outra saída”, conclúe o docente.

O programa Editor’s Choice comezou o ano 2015 co obxectivo de, por unha banda, dar a coñecer a alternativa Open Access e, pola outra, premiar artigos particularmente relevantes publicándoos en Open Access, sen cargo para o autor.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Conseguen facer nunha célula viva unha complexa reacción química de laboratorio

O grupo de José Luis Mascareñas no CiQUS de Santiago fai posible unha reacción de cicloadición, que non existe en procesos naturais

“Tiven que volver a casa dos meus pais; non podemos facer ciencia vivindo do aire”

Marta Marín, unha das investigadoras posdoutorais afectadas polos atrasos na contratación da Xunta narra a súa experiencia persoal

Condrita carbonácea, o meteorito que puido traer vida do espazo

A Casa das Ciencias da Coruña expón o tipo de rocha que os científicos investigan polos seus compostos orgánicos de hai case 4.000 millóns de anos

Homenaxe internacional ao químico Luís Castedo

O Nobel Jean-Pierre Sauvage, expertos de Harvard e Cambridge e o exvicepresidente Alfredo Pérez Rubalcaba participan este venres nun acto en Santiago