Laboratorio da USC. Foto: USC.

Laboratorio da USC. Foto: USC.

A USC, novena universidade de España en rendemento investigador

A clasificación da National Taiwan University avalía o índice de citacións das investigacións realizadas en cada unha das universidades

A clasificación da National Taiwan University (NTU), que mide a investigación de excelencia, o impacto da investigación e a produtividade da mesma, sitúa á USC como a novena universidade de España e a 423º na lista das 800 mellores do mundo. A Universidade de Vigo, a outra galega presente na clasificación, aparece no intervalo 601-700.

Este ránking emprega os datos extraídos do de Science Citation Index (SCI) e Social Sciences Citation Index (SSCI) e avalía o rendemento investigador de forma específica. Segundo sinala o equipo promotor da clasificación, “as estatísticas dos artigos publicados en revistas académicas internacionais ofrecen unha representación obxectiva do desempeño investigador da cada Universidade”.

Ademais da clasificación xeral, a lista da NTU avalía as universidades segundo seis campos de coñecemento xerais e en base a catorce temas específicos, que se poden consultar ao completo na web do ránking NTU.

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.