Refuxiados rescatados pola ONG española Proactiva Open Arms en Lesbos (Grecia). Imaxe: GGia / Wikicommons.

Refuxiados rescatados pola ONG española Proactiva Open Arms en Lesbos (Grecia). Imaxe: GGia / Wikicommons.

A USC ofrece catro bolsas de estudo para refuxiados

O prazo está aberto ata o 21 de xullo para quen acredite a súa condición ou proceda de Líbano, Palestina, Siria, Xordania, Irán, Iraq ou Iemen

A Universidade de Santiago de Compostela mantén aberto ata o 21 de xullo o prazo de solicitudes para as catro bolsas de estudo dirixidas a persoas con estatuto de refuxiado en España, ou ben que o teñan solicitado na actualidade. Os estudantes que queiran optar á bolsa deberán posuír acreditación da condición de refuxiado por parte da Axencia da ONU para os Refuxiados (Acnur) ou a da Axencia da ONU para os Refuxiados de Palestina (Unrwa) ou procedan dalgúns dos seguintes países cos que a USC ten vínculos establecidos a través dos proxectos de cooperación Erasmus Mundus: Líbano, Palestina, Siria, Xordania, Irán, Iraq ou Iemen.

As catro bolsas divídense en dúas modalidades: dúas prazas serán de nova adxudicación para iniciar ou continuar estudos de grao, máster ou doutoramento, e outra para a renovación de dúas bolsas outorgadas durante o curso recentemente rematado.

As persoas interesadas poden atopar máis información neste enlace.

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.