Xoves 18 Abril 2024

A USC recibe 1,3 millóns no programa Ignicia

A pasada semana, a UVigo daba a coñecer os seus tres proxectos seleccionados dentro do programa Ignicia, que impulsa a Axencia Galega de Innovación (Gain). Nesta ocasión, a Universidade de Santiago de Compostela anunciou os tres proxectos seleccionados para esta iniciativa que pretende facilitar o acceso ao mercado das iniciativas impulsadas por investigadores galegos.

Nunha primeira fase, seleccionáronse 25 proxectos de organismos galegos, dos que só sete pasaron á última fase: tres da UVigo, tres da USC e un de Gradiant. No caso da institución compostelá, que recibiu un financiamento total de 1,3 millóns, a iniciativa con maior financiamento (838.820 euros) é Oncometa, unha investigación que desenvolve un nanosistema polimérico con prometedoras aplicacións no mundo da nanotecnoloxía. O grupo de investigación da catedrática María José Alonso encargarase deste traballo.

Publicidade

Por outra banda, o proxecto Matprint recibiu 241.700 euros para avanzar nunha tecnoloxía que realiza o grupo de Francisco Guitián, para a fabricación de pezas biocerámicas e catalizadores mediante impresión 3D.

O terceiro dos proxectos, denominado Reprosteatosis, recibiu 198.000 euros. Está liderado polo investigador Rubén Nogueiras e busca demostrar que un fármaco empregado hoxe en día como xenérico tamén pode ser aplicado no tratamento de esteatose hepática non alcohólica mediante unha nova formulación oral.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Nanotecnoloxía galega contra o tumor cerebral máis común

Un estudo da USC abre a porta a unha nova aproximación terapéutica que podería posibilitar un ensaio clínico nun prazo de tres anos

Convocado o IX Premio de Xornalismo Científico Celia Brañas

Os traballos poden enviarse a partir do 15 de abril. A dotación económica do galardón será de 5.000 euros, cun accésit para o segundo mellor valorado

A USC participa nun consorcio europeo para desenvolver vacinas nasais

Os grupos de Noémi Csaba e María José Alonso forman parte dunha iniciativa que quere evitar infecciósn respiratorias de alta prevalencia

María José Alonso, no podio das investigadoras máis influíntes do Estado

Ocupa o posto número tres na lista das mulleres científicas máis importantes en función do impacto das súas publicacións