Xoves 28 Marzo 2024

Científicos da USC sinalan un xene que frea o deterioro cerebral

Na súa última edición, a revista Nature Neuroscience publica un estudo realizado por investigadores do grupo de Ciclo Celular e Oncoloxía (Ciclon) da USC e da Unidade de Neurobioloxia Molecular da Universidade de Valencia que mostra que o xene p21 é esencial para o mantemento das células nai neuronais (NSC).

Aínda que na maioría dos tecidos este xene actúa como un freo sobre a proliferación excesiva, nas células nai neuronais o p21 suprime a produción de moléculas que inducen o esgotamento destas células, o que ocorre durante o envellecemento. Os investigadores descubriron que efectivamente en ratos transxénicos a ausencia de p21 causa esgotamento e desaparición das NSC. O descubrimento deste mecanismo abre así a porta para o deseño de estratexias para frear o deterioro das células nai durante o envellecemento.

Publicidade

 Investigadores do Grupo Ciclon

O grupo Ciclon da USC está liderado polo profesor do Departamento de Fisioloxía Anxo Vidal e desenvolve a súa actividade no Centro de Investigación en Medicina Molecular e Enfermidades Crónicas da USC (CIMUS). Forma parte ademais do Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela. O interese do grupo céntrase no estudo das funcións dos inhibidores do ciclo celular e na implicación destes xenes en cancro.

Este é o terceiro traballo do grupo Ciclon publicado no curso dun ano en revistas de gran impacto (os dous anteriores en Cell Stem Cell) sobre a influencia que os reguladores do ciclo celular teñen sobre factores críticos na bioloxía das células nai, embrionarias e adultas. O traballo actual do grupo tenta establecer se estas funcións no mantemento de células nai son importantes para o desenvolvemento tumoral.

Pola súa banda, o equipo da catedrática de Bioloxía Celular da Universidade de Valencia, Isabel Fariñas, encargada da coordinación do traballo, pertence á Unidade de Neurobioloxía Molecular do Departamento de Bioloxía Celular e Parasitoloxía da Universidade de Valencia, ao Centro de Investigación Biomédica en Rede en Enfermidades Neurodexenerativas (CIBERNED) e mais á RETIC de Terapia Celular.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un estudo constata o potencial da dieta atlántica para reducir o risco de síndrome metabólica

A investigación foi realizada polo IDIS e publicada na revista científica 'JAMA Network'

Un equipo galego demostra que o estómago é capaz de regular o apetito e o peso corporal

O estudo do IDIS revela cambios substanciais na produción da proteína GDF15 a nivel gástrico vinculados coa obesidade, a idade e o xénero

Un equipo galego usa nanopartículas para mellorar o tratamento da fase aguda do ictus

Investigadores do IDIS e da USC reducen os efectos secundarios da única terapia farmacolóxica dispoñible para abordar a enfermidade

A investigadora Cristina Candal presenta un traballo pioneiro sobre mala praxe científica

A tese inclúe a descrición das "paper mills", é dicir, organizacións ilegais que fabrican artigos para a súa venda