Venres 19 Abril 2024

A Universidade de Santiago, na elite da produción científica iberoamericana

A Universidade de Santiago de Compostela é a institución galega de educación superior que máis literatura científica produce. En concreto, a USC, que vén de depositar a súa sabiduría na rede, publicou 8.001 documentos no período comprendido entre os anos 2008 e 2012, segundo o último informe de SCImago Institutios Rankings (SIR) en relación co ámbito iberoamericano. Estes datos colocan á universidade compostelá no posto 13 en España e no 26 na relación de 501 institucións iberoamericanas ordenadas segundo a súa produción científica.

Pola súa banda, a Universidade de Vigo produciu 5.396 documentos, o que a sitúa no posto 17 entre as 89 institucións españolas incluídas nesta clasificación e no 44 no ranking iberoamericano.

Publicidade

A peor parada entre as galegas é a Universidade da Coruña, no posto 34 a nivel nacional, con só 3.016 documentos no mesmo período. Malia isto, a UDC consegue un digno posto 78 na clasificación global para toda Iberoamérica.

Neste informe inclúense todas as institucións con, como mínimo, un documento incluído na base de datos Scopus no quinquenio 2008-2012. Esta base de datos é a maior do mundo en literatura científica, composta principalmente por revistas académicas e actas de congreso. As revistas incluídas axústanse ás normas de calidade académicas, especificamente ao sistema peer-review. En total, inclúense 21.000 revistas, 370 series de libros, 5,5 millóns de conference papers e 5.000 editoriais.

Ranking de produción científica
Ranking de institucións de educación superior en España por produción científica. / Fonte: SCImago Institutios Rankings (SIR).

As universidade galegas aumentaron a súa produción científica respecto ao período 2007-2011 e melloraron o índice relativo á produción realizada en colaboración con institucións doutros países, o impacto normalizado —calculado segundo a metodoloxía do Karolinska Institute— e o índice de especialización, indicativo do grao de concentración ou dispersión temática da produción científica.

A institución académica compostelá e a coruñesa tamén melloran os seus rexistros cando se analiza a ratio de documentos que publican nas revistas máis influíntes do mundo, as emprazadas no primeiro cuartil de categoría. Porén, a de Vigo empeora os seus resultados nesta valoración.

Tanto a USC como a Uvigo seguen unha tendencia á baixa en ratio de excelencia, liderado científico e excelencia con liderado. Un comportamento que se reproduce entre as trinta primeiras universidades españolas deste informe, agás no caso da Universitat Pompeu Fabra. Pola contra, a UDC amosa un comportamento positivo no ratio de excelencia.

[ilink style=”download”]Ranking español (pdf)[/ilink]

[ilink style=”download”]Ranking iberoamericano (pdf)[/ilink]

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Galicia avanza para contar cos seus propios medicamentos CAR-T nos próximos anos

A finais de ano abrirá un centro de produción en Santiago e un proxecto de investigación traballa para aplicalos en tumores sólidos

Así era Castro Valente: a fotografía láser recrea a muralla da gran fortaleza medieval galega

Un estudo da USC usa as novas tecnoloxías para ampliar información sobre o xacemento de 10 hectáreas situado entre Padrón e A Estrada

O meteorito que brillou como cincuenta lúas cheas xa pode visitarse en Santiago

Tratouse dun asteroide de 1,15 metros de tamaño e 2,62 toneladas de masa que chocou contra a atmosfera a 15 Km/s

Unha tese galega demostra a viabilidade de reutilizar restos vinícolas e pesqueiros no país

Antonio Cortés avaliou a sustentabilidade das estratexias de valorización de residuos orgánicos, alén de estudar a ecoeficiencia dos procesos