Xoves 25 Abril 2024

Unha web disecciona as fortificancións da fronteira do Miño

O Consejo Superior de Investigaciones Científicas (CSIC) ven de estrenar a páxina web www.fortalezas.es, onde se poñen a disposición do público xeral, en ton divulgativo, máis de 50 fichas informativas das fortificacións da fronteira luso-galaica na zona do Baixo Miño. Trátase dun dos principais resultados alcanzados na tese doutoral da arqueóloga Rebeca Blanco-Rotea.
A tese, “Arquitectura y paisaje. Fortificaciones de frontera en el sur de Galicia y norte de Portugal”, realizouse no Instituto de Ciencias del Patrimonio (CSIC, Santiago de Compostela) e no Grupo de Investigación en Patrimonio Construído da Universidade do País Vasco-EHU (Vitoria). Iniciouse en 2003 e estivo dirixida por Felipe Criado Boado (Incipit-CSIC), Agustín Azkarate Garai-Olaun (Universidade do País Vasco) e Juan M. Monterroso Montero (Universidade de Santiago de Compostela). O traballo, que se defendeu recentemente e obtivo a cualificación de apto cum laude, analiza máis de oito conxuntos defensivos e 50 fortificacións. Para iso, desenvolve unha metodoloxía de investigación dirixida ás fortificacións de época moderna

O traballo analiza máis de oito conxuntos defensivos e 50 fortificacións

“A construción da paisaxe fortificada transfronteiriza de Galicia e Portugal enmárcase na guerra que enfrontou ás potencias española e portuguesa (1640-1668) e que finalizou coa independencia de Portugal. Neste período, e tamén despois, as defensas medievais das poboacións de fronteira transformáronse, configurando unha das paisaxes militares máis interesantes do século XVII en Europa. Neste contexto, púxose en marcha hai unha década o Plan Director Fortrans, promovido pola Xunta de Galicia e desenvolvido polos arquitectos Fernando Cobos, Antonio Hoyuela Jaime Garrido. A tese tiña como obxectivo entender de forma conxunta as fortificacións galegas e portuguesas, así como identificar a estrutura da defensa que se construíu nesta zona,” explica Rebeca Blanco-Rotea.
“A web ofrece información (descrición, fotografías, localización, planos históricos…) sobre cada unha das máis de 50 fortificacións estudadas, así como de cada un dos oito conxuntos defensivos nos que se articulan e unha síntese dos principais acontecementos históricos acaecidos no devandito período. Consta dun buscador para facilitar a consulta da información e de Google Earth como ferramenta de navegación”, explica Rebeca a autora da tese.

Publicidade

O estudo fíxose cun traballo de campo e análise documental

Dos conxuntos estudados destacan, entre outros, o de Goián-Vila Nova de Cerveira, situado nos concellos de Tomiño e Vila Nova, pola cantidade de fortalezas que o integran e por tratarse no caso galego de fortificacións en terra; ou o de Amorín-Tui-São Pedro dá Torre-Valença, situado nos concellos de Tomiño, Tui e Valença, un dos máis complexos construído en torno a dous pasos de barcas históricos sobre o río Miño.
Das fortalezas estudadas destacan, entre outras a Praça Forte de Valença (Valença), o Forte de Bragandelo (Arcos de Valdevez), o Forte de Santa Cruz (A Garda) ou Forte de Santiago de Aytona (Salvaterra do Miño).
O estudo realizouse a través de traballo de campo na propia fronteira nos anos 2003, 2009 e 2010, análise documental e traballo de gabinete, tanto para a análise das fortalezas coma para a propia web. Este espazo contou co asesoramento de Manuel Gago (Conselo dá Cultura Galega) e o desenvolvemento correu a cargo da empresa Sixtema.

Idades Media e Moderna

“Constatamos que o que hoxe se coñece como a paisaxe fortificado do Baixo Miño-Val do Minho é o resultado da suma de varios procesos patrimoniais que supoñen o solapamento de distintos sistemas defensivos entre os que destacan os da Idade Media e a Idade Moderna. Coa tese pretendíase contribuír á rendibilización social deste traballo de investigación, revertendo a información nun unha web, o que fai esta información máis accesible ao público xeral”, destaca a autora.
Rebeca Blanco-Rotea (Vigo, 1973) é licenciada en Xeografía e Historia (1996) pola Universidade de Santiago de Compostela e doutora en Arqueoloxía pola Universidade do País Vasco, UPV-EHU(2015). Comezou a súa carreira investigadora na USC en 1997 e continuouna no CSIC en 2002. As súas liñas de investigación desenvólvense en torno á Arqueoloxía da Arquitectura e a Arqueoloxía da Paisaxe. Na actualidade traballa no Laboratorio de Patrimonio, Paleoambiente e Paisaxe do Instituto de Investigacións Tecnolóxicas da USC e colabora co CSIC.
 

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

As feces dos osos da cordilleira Cantábrica falan… e teñen boas noticias

Un estudo no que participa a USC investiga o estado actual de saúde destes exemplares para impulsar a recuperación das poboacións

Descobren características do VIH compatibles coa súa curación

Científicos de Sevilla estudaron a persoas cuxo organismo é capaz de dominar o virus sen necesidade de tomar un tratamento antirretroviral

O CSIC acha unha combinación de fármacos eficaz fronte ao SARS-CoV-2

A unión de ribavirina e remdesivir consegue eliminar de forma rápida o virus ao inducir un exceso de mutacións no seu xenoma que lle impiden multiplicarse con eficacia

Máis do 90% das crías de pardela cincenta teñen plásticos no estómago

Un estudo en exemplares xuvenís de Canarias e Azores apunta a esta especie como un biomarcador de refugallos flotantes no Atlántico norte