Pedro Martínez, Lidia Lareo e David Gómez, o equipo subcampión.

Pedro Martínez, Lidia Lareo e David Gómez, o equipo subcampión.

Tres estudantes da USC, subcampións de España de debate entre universitarios

David Gómez, Lidia Lareo e Pedro Martínez pertencen ao Club de Debate Compostela

O debate universitario galego volve estar de celebración tras un novo éxito dos integrantes do Club Debate Compostela (CDC). Tras o campionato e subcampionato obtido hai unhas semanas en Madrid, agora outros tres universitarios da entidade proclamáronse subcampións de España no I Torneo de Debate Académico da Universidade de Murcia.

Á cita asistiron equipos de universidades de diferentes lugares de España como Selecta, Málaga, Madrid, Barcelona ou Valencia, que tiveron que argumentar se debería estar xustificado o uso do burkini e outros elementos análogos en espazos públicos. A dificultade destes torneos radica en que os debatentes debían preparar a postura a favor e en contra, xa que un sorteo antes de iniciar o debate determinaba que defendería cada equipo.

Os estudantes de cuarto curso de Xornalismo David Gómez, lugués de 21 anos, e Lida Lareo, naronense tamén de 21, e o bueués Pedro Martínez, de 20 anos e de terceiro de Medicina, venceron un total de 6 dos 8 debates que disputaron. As súas únicas derrotas foron en fase de grupos e na propia final contra os gañadores, a Universidade de Barcelona, onde o equipo galego defendeu a postura en contra da prohibición.

Ademais do subcampionato, tanto Lidia como Pedro foron galardoados co premio á mellor conclusora e mellor segundo refutador do torneo, respectivamente. Na competición tamén participou un segundo equipo de mozos da USC, que non conseguiu superar a fase de grupos

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.