Concentración en Santiago con presenza do reitor e do alcalde Martiño Noriega.

Concentración en Santiago con presenza do reitor e do alcalde Martiño Noriega.

Solidariedade das universidades coas vítimas de París

Os campus de Galicia acollen concentracións en repulsa da barbarie terrorista

As tres universidades galegas celebraron hoxe concentracións de solidariedade coas vítimas dos atentados de París do pasado venres. Reitorados e facultades, con alumnos e profesores dos distintos campus, saíron á rúa para levar a efecto un minuto de silencio como repulsa á violencia e á barbarie terrorista.

Concentración ante a Reitoría de Vigo.

Concentración ante a Reitoría de Vigo.

A Universidade de Santiago de Compostela convocou concentracións diante dos seus centros en Santiago e Lugo. No minuto de silencio no Colexio de San Xerome estivo presente o reitor Juan Viaño e parte do equipo reitoral, a quen lles acompañaron o alcalde da cidade, Martiño Noriega, e membros da corporación municipal.

A Universidade de Vigo tamén gardou silencio polos atentados de París. Os tres campus celebraron de xeito simultáneo varias concentracións en memoria das vítimas dos ataques ocorridos na capital francesa. No campus de Vigo preto dun cento de persoas reuníronse na praza Erasmo, diante da Reitoría, para mostrar a súa repulsa polos atentados. Á concentración do campus vigués acudíu tanto o reitor da Universidade de Vigo, Salustiano Mato, como gran parte do equipo de goberno.

Concentración en Ourense.

Concentración en Ourense.

En Pontevedra alumnos e alumnas, PDI e PAS achegáronse ás portas de entrada das cinco facultades e escolas pontevedresas para esta conmemoración. Pola súa banda, no campus de Ourense a comunidade universitaria sumouse ás dúas concentracións realizadas, unha entre o Edificio Politécnico e o Edificio de Ferro e outra diante do Edificio Xurídico-Empresarial. Tamén houbo concentracións de solidariedade na Universidade da Coruña.

Concentración en Pontevedra.

Concentración en Pontevedra.

 

Concentración en Lugo.

Concentración en Lugo.

 

 

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.