graffiti de musgo

Santiago, segunda en captación de fondos para proxectos de excelencia

Depois de Granada foi a universidade que acadou máis financiación do Ministerio, grazas ao tirón do Campus Vida

A USC é a segunda universidade española que máis fondos recibirá na convocatoria de axudas para a consolidación de proxectos de excelencia do Ministerio de Educación, Cultura e Deportes, cun total de 303.057 euros. A convocatoria, dotada con 6,1 millóns de euros para as universidades públicas e 900.000 euros para as privadas, pretende continuar desenvolvendo as actividades das universidades e Campus de Excelencia Internacional que teñen demostrado maior impacto para a mellora das universidades en canto a docencia, doutoramento, especialización, internacionalización, atracción de talento, mobilidade, emprendemento e mellora e innovación docente, entre outras.

logo-campus-vida-def10x1x_copiaCoa denominación Programa Campus de Excelencia Internacional, esta convocatoria ministerial permitirá financiar accións específicas que contribúan a continuar a consolidación dos Campus de Excelencia existentes, fomentando a colaboración entre os axentes do coñecemento e os socioeconómicos, administracións e organismos civís.

As actuacións para as que Campus Vida ten acadado a axuda do Ministerio inclúen un programa de apoio á internacionalización da Escola de Doutoramento Internacional, cunha achega de 46.250 euros; un programa de excelencia investigadora en India e Irán, cunha dotación de 45.807 euros; e un programa posdoutoral internacional da Rede de Centros Singulares de Investigación de Campus Vida, con 26.000 euros de subvención.

O Campus Vida logra atraer financiación do Ministerio en programas de excelencia

Ademais, en materia de atracción de talento, o campus de excelencia compostelán obtivo unha axuda de 90.000 euros aos que se sumarán outros 30.000, para o desenvolvemento de programas de innovación docente a través de e-learning e cursos masivos abertos en rede MOOCs. As axudas tamén supoñen unha subvención de 40.000 euros para a consolidación da actividade da spin-off Situm Technologies e outros 25.000 de apoio aos programas de emprendemento promovidos pola institución docente compostelá.

O listado das universidades que máis recursos captaron nesta convocatoria está encabezado polas de Granada (322.972 euros), Santiago (303.057) e Barcelona (302.627), seguidas pola Autónoma de Barcelona (292.366), Salamanca (263.179) ou Politécnica de Cataluña (262.050).

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.