Venres 19 Abril 2024

Santiago mantense entre as 500 mellores universidades do mundo

A Universidade de Santiago mantense un ano máis entre as 500 mellores universidades do mundo segundo a avaliación anual do Academic Ranking of World Universities (ARWU), clasificación que dende 2003 realiza a Universidade Jiao Tong de Shanghai. Por grandes áreas de coñecemento, a USC continúa figurando entre as 200 universidades de todo o mundo máis influíntes na área de Ciencias Naturais e Matemáticas, concretamente no intervalo 150-200, e entre as 100 mellores institucións universitarias no eido das Mátemáticas. As universidades da Coruña e de Vigo non aparecen no ránking, ao estar situadas por baixo das 500 de primeira liña mundial.

Logotipo do ránking de Shangai.
Logotipo do ránking de Shangai.

De entre as mellores do mundo, este ránking sitúa un total de trece universidades españolas. A de Santiago figura no intervalo 401-500 xunto á Politécnica de Cataluña, Sevilla, País Vasco e Zaragoza. Tamén destacan a de Barcelona, Autónoma de Barcelona, Autónoma de Madrid, Complutense de Madrid, Pompeu Fabra, Politécnica de Valencia, Granada e Valencia.

Publicidade

Das 200 universidades máis destacadas na área de Ciencias Naturais e Matemáticas, Santiago é das catro mellor posicionadas, a continuación da Autónoma de Madrid e Valencia e no mesmo rango que Barcelona. Para realizar esta clasificación, os indicadores cun maior peso na nota final (75% da cualificación) son os investigadores altamente citados nunha serie de ámbitos temáticos, os artigos indexados en Science Citation Index ou a porcentaxe dos artigos publicados nas revistas de maior impacto.

No campo específico das Matemáticas a de Santiago sitúase entre as cen universidades máis destacadas do mundo segundo ARWU. Das españolas, consegue unha mellor posición a Autónoma de Madrid (51-75), seguida da USC e Politécnica de Valencia que se sitúan no intervalo 76-100.

Santiago sitúase tamén entre as 200 mellores do mundo en Ciencias Naturais

Para a elaboración do ránking ARWU, os responsables do estudo identificaron máis de 2.000 universidades, de entre as que avaliaron 1.200 para realizar a selección final das 500 primeiras do mundo.

Calidade da docencia, do profesorado, produción investigadora e rendimento per cápita son os criterios que avalía ARWU. Á súa vez os indicadores a partir dos que se avalían estes criterios son o número de profesores dunha institución premiados polo Nobel ou as Medallas Fields e os investigadores con alto índice de citación (40% da nota final); artigos publicados enSciencee Nature e os artigos indexados en Sciencia Citation Index – Expanded e Social Science Citation Index (40%); antigos alumnos da institución premiados nas convocatorias do Nobel ou Fields (10%) e o rendemento académico per cápita dunha institución (10%).

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

O matemático Eduardo García Río ingresa na Academia de Ciencias 

O catedrático de Xeometría e Topoloxía da Universidade de Santiago incorpórase á sección de Matemáticas, Física e Ciencias da Computación

Galicia avanza para contar cos seus propios medicamentos CAR-T nos próximos anos

A finais de ano abrirá un centro de produción en Santiago e un proxecto de investigación traballa para aplicalos en tumores sólidos

Así era Castro Valente: a fotografía láser recrea a muralla da gran fortaleza medieval galega

Un estudo da USC usa as novas tecnoloxías para ampliar información sobre o xacemento de 10 hectáreas situado entre Padrón e A Estrada

O meteorito que brillou como cincuenta lúas cheas xa pode visitarse en Santiago

Tratouse dun asteroide de 1,15 metros de tamaño e 2,62 toneladas de masa que chocou contra a atmosfera a 15 Km/s