Venres 29 Marzo 2024

Santiago, entre as universidades españolas máis comprometidas co medio ambiente

Tres anos de actividade foron suficientes para que o labor da Oficina de Desenvolvemento Sostible da Universidade de Santiago de Compostela (USC) teña os seus froitos e recoñecemento internacional. O GreenMetric University Ranking  sitúa á USC no posto 149 no mundo nesta clasificación que compara os esforzos de máis de 360 universidades de 62 países en materia de sustentabilidade e xestión medioambiental dos seus campus. Nesta listaxe figuran un total de 21 universidades españolas, de entre as que a de Santiago é a única galega e a novena de España, segundo informa a propia institución académica.
A universidade española mellor posicionada é a de Alcalá (posto 28), seguida pola Autónoma de Madrid (33), a Autónoma de Barcelona (44), a Politécnica de Valencia (63), Zaragoza (89), a Jaume I (101), Barcelona (110), Oviedo (123), a USC e Valencia (170,  que se sitúan como as dez primeiras no país, e seguidas por Valladolid, Navarra, Rovira i Virgili, Salamanca ou Granada, entre outras, ata un total de 21 universidades.
A USC no GreenMetric Ranking 2014
Para o cálculo dos resultados asignados a cada institución utilizouse a información proporcionada en liña polas propias universidades. A información organízase baixo seis categorías principais, entre as que o maior valor é o relativo á xestión do uso da enerxía e cambio climático (21% da nota final), seguido polas actividades de tratamento e reciclaxe de residuos (18%), políticas de transporte e emisións á atmosfera (18%), presenza da cuestión ambiental na actividade docente (18%), estatísticas sobre axustes e infraestruturas (15% da nota total) e utilización da auga (10 % ).
Os autores desta clasificación seleccionaron unha serie de criterios relacionados coa sustentabilidade e valorados tendo en conta o tamaño básico da institución, o seu emprazamento (urbano, suburbano ou rural) e o grao de espazos verdes de que dispón. Entre os datos valorados tamén se avaliou o consumo de electricidade, auga ou xestión de refugallos, entre outros.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

A praia de Barra agocha unha aldea soterrada: un cambio climático invadiu todo de area hai 500 anos

Unha investigación publicada por Andrés Pino analiza o impacto social e económico da Pequena Idade do Xeo no asentamento de Cangas

Galicia rexistra o cuarto inverno máis cálido en 60 anos

As precipitacións foron un 18% superiores ao habitual para este período, sendo especialmente abondosas en febreiro

Os osos polares, en risco de morrer de fame polo desxeo do Ártico

Un estudo demostra que as estratexias alimenticias destes animais para sobrevivir nunha contorna de terra non evitan que perdan peso

De beber? Auga, pero que sexa reciclada, por favor

https://theconversation.com/javascripts/lib/content_tracker_hook.js *Un artigo de Quizais aínda non o saiba pero, do mesmo...