Xoves 28 Marzo 2024

Santiago e A Coruña, entre as mil mellores universidades do mundo

A compañía Quacquarelli Symonds (QS), especializada en educación superior a nivel mundial, vén de facer públicos os resultados do seu estudo QS World University Ranking, no que analiza seis indicadores de rendemento para establecer unha clasificación das mellores universidades do mundo. Neste ano, QS seleccionou 916 universidades de todo o mundo entre os máis de 3.800 centros estudados. Dentro das seleccionadas, figuran dúas das tres galegas: Santiago e A Coruña.

A USC destaca pola reputación e as citacións, e a UDC pola ratio profesor-alumno

Esta clasificación, que se publica en internet desde o ano 2004, sitúa a USC no intervalo 551-600, no decimoterceiro lugar das institucións españolas. Amais da avaliación global, a USC colócase entre as 400 mellores universidades en Linguas Modernas, Lingua e Literatura Inglesa, Estudos Medioambientais e Matemáticas. A lista destaca, sobre todo, a reputación académica da institución, que supón un 40 por cento da calificación total e que se elabora en base a unha enquisa anual entre académicos. Tamén se destacan o volume de citacións do profesorado, que supón o 20 por cento da nota final. Non en tanto, a USC segue lonxe de acadar o seu mellor rexistro, datado en 2012, cando se situou no rango 451-500.

Publicidade

Pola súa parte, a Universidade da Coruña entra por primeira vez no ránking QS. Queda situada no rango 701+ e destácase, sobre todo, a ratio profesor-alumno, que permite, segundo indican os criterios desta clasificación, ofrecer unha atención individualizada aos alumnos.

Os seis parámetros empregados para elaborar a clasificación son a reputación académica (40 por cento), a valoración dos empregadores (10%), a ratio profesor-alumno (20%), o volume de citacións (20 por cento) e a capacidade de atraer estudantes e investigadores doutros países (10 por cento).

Un ano máis, o Massachussets Institute of Technology sitúase á cabeza da lista, seguido das universidades de Stanford, Harvard, Cambridge e do California Institute of Technology (Caltech). Para atopar a primeira universidade española hai que baixar ata o número 160, onde aparece a Universitat de Barcelona. Despois aparecen a Universitat Autónoma de Barcelona (203), Universidad Autónoma de Madrid (210), Universidad Complutense (239) e a Universidad de Navarra (245).

 

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Artigo anterior
Seguinte artigo

Relacionadas

As plantas non nativas aceleran a desaparición dos ameneiros galegos

As árbores centroeuropeas que se importan para restaurar as plantacións afectadas por unha doenza fúnxica producen uniformidade xenética

Un novo método da USC axudará a combater o furtivismo marisqueiro en Galicia

Tres investigadores estiman que entre 2012 e 2020 máis de 1.700 persoas extraeron de forma ilegal 660 toneladas de marisco

Un equipo da UDC aposta pola tecnoloxía dos videoxogos para mellorar a simulación industrial

Os investigadores Javier Pernas e Diego Crespo, da Área de Organización Industrial do Grupo Integrado de Enxeñaría do CITENI, publican no 'Journal of Simulation' o seu último avance

Investigadoras galegas constatan que as mulleres autistas camuflan máis os seus síntomas

O enmascaramento provoca retrasos no diagnóstico e problemas de saúde mental derivados da presión social