A área de Lingüística da USC destaca no ámbito internacional xunto cos estudos de Agricultura e a Silvicultura.

A área de Lingüística da USC destaca no ámbito internacional xunto cos estudos de Agricultura e a Silvicultura.

As áreas de Lingüística, Agricultura e Silvicultura da USC, entre as 200 mellores do mundo

A Universidade de Santiago de Compostela mellora a súa posición no QS World University Ranking e a UVigo entra por primeira vez na lista

A listaxe das mellores universidades do mundo neste ano acaba de ser publicada no QS World University Ranking. A clasificación elaborouse a partir dunha serie de enquisas realizadas a máis de 82.000 académicos. Como principal novidade, a Universidade de Vigo entra por primeira vez na clasificación, pechando a lista das 25 mellores universidades españolas segundo o criterio desta clasificación, que inclúe 1.ooo de todo o mundo. A de Santiago de Compostela atópase entre as vinte primeiras, diante da Universidad Rey Juan Carlos. A UDC ubícase no posto 24º, xusto por riba da institución viguesa.

A UVigo entra nas 1.000 mellores

A primeira universidade galega en aparecer no ranking das mellores universidades de España é, de novo, a de Santiago de Compostela (581-590). Mellora a súa posición con respecto ao pasado ano. Sube un posto e ocupa o 16º. Non acontece o mesmo ca Universidade da Coruña (801-1000), que baixa un posto este ano, quedando así no 24º. Pero sen dúbida, o máis destacable deste ano é a incorporación da Universidade de Vigo no ránking, no lugar 25º (no rango 801-1000 a nivel internacional).

A USC destaca entre as 250 mellores do mundo en Farmacia, Enxeñaría Química e Linguas Modernas

Se se atende á clasificación por áreas de coñecemento, os resultados tamén son interesantes. Para elaborar esta lista, a QS tomou en consideración unhas enquisas globais realizadas entre académicos e empregadores. Con esta metodoloxía avaliou a reputación internacional das universidades. A USC destaca entre as 200 mellores institucións do mundo nalgunhas materias como a Lingüística, a Agricultura e Silvicultura  (151-200). En Farmacia, Enxeñaría Química, Linguas Modernas, a institución compostelá ocupa tamén un lugar entre as 250 mellores (no rango 201-250).  Pola súa parte, no referente á Universidade de Vigo, a clasificación QS destaca á entidade no eido da Química (351-400) e en Enxeñaría e Tecnoloxía (451-500).

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.