A Universidade de Vigo será a primeira de España en ter un título de xadrez.

A Universidade de Vigo será a primeira de España en ter un título de xadrez.

Pontevedra terá o primeiro máster en xadrez de España

A nova titulación formará profesores para dar en Primaria a asignatura que en febreiro foi aprobada polo Congreso dos Deputados

O reitor Salustiano Mato xunto ao presidente de honra da Federación Europa de Xadrez, Silvio Danailov.

O reitor Salustiano Mato xunto ao presidente de honra da Federación Europa de Xadrez, Silvio Danailov.

A Comisión de Educación e Deporte do Congreso dos Deputados aprobou por unanimidade o pasado mes de febreiro unha proposición non de lei que insta ao goberno a implantar o programa Xadrez na Escola no sistema educativo español de acordo coas recomendacións do Parlamento Europeo. Hoxe, apenas un mes despois, os principais impulsores desta iniciativa, o deputado Pablo Martín e o presidente de honra da Federación Europea de Xadrez Silvio Danailov, mantiveron unha xuntanza de traballo coa comunidade universitaria viguesa encabezada polo reitor, Salustiano Mato, na que se anunciou que, tal e como xa se viña planificando desde hai arredor dun ano, a Universidade de Vigo será a primeira universidade española na que se imparta un mestrado en xadrez, converténdose así “na referencia de todas as universidades españolas na implantación deste deporte nas escolas”, recalcou o deputado socialista, promotor da proposición no Congreso.

“Vigo convértese así nunha das principais institucións que axudará a dar impulso a unha iniciativa que imos apoiar tanto desde o punto de vista académico como institucional”, subliñou Mato nunha rolda de prensa na que aproveitou para loar os “nobres valores, tanto no aspecto máis deportivo, como tamén no académico”, dun deporte ao que Danailov se referiu como “mestura de cultura, ciencia e educación”.

O xadrez mellora a comprensión lectora e o cálculo matemático

“O xadrez é a única actividade que reúne toda unha serie de valores deportivos e pedagóxicos que dificilmente se poden atopar noutra disciplina, algúns tan importantes para España como o feito de que mellora a comprensión lectora e o cálculo matemático, que son aquelas nas que, segundo o Informe Pisa, España debe mellorar”, lembrou Martín, ao tempo que explicou que o alumnado que cursa xadrez como materia desenvolve máis a intelixencia en diferentes parámetros, xa que aumenta as súas capacidades estratéxicas e memorísticas e desenvolve a concentración, entre outras moitas cualidades, “e todo a un custe económico moi baixo”.

O máster tería a súa sede na Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte

“Se todo sae adiante como está previsto vai haber unha demanda moi grande de profesorado de primaria e secundaria que precisará formarse para impartir xadrez ou para empregar este deporte na súas materias”, explicou tras a xuntanza o vicerreitor de Extensión Universitaria e Relacións Internacionais, Manuel Fernández Iglesias, quen xa en 2014 asistira en Madrid a un encontro no que a institución académica viguesa asinou un protocolo de colaboración coa Federación Europea de Xadrez orientado ao deseño dun mestrado dirixido a formar ao profesorado para sacarlle o máximo partido a este deporte como ferramenta pedagóxica.

Dentro das especializacións da Universidade de Vigo o Campus Crea de Pontevedra amósase como o lugar máis axeitado para impartir este tipo de formación xa que conta cunha Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte onde este tipo de titulación de posgrao tería, a xuízo dos responsables universitarios, “un acubillo perfecto”, ao que se sumaría o feito de que a Universidade de Vigo contan con equipos de xadrez en diferentes categorías, incluída a primeira división nacional.

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.