Venres 29 Marzo 2024

A Uvigo recibe tres millóns de euros para 10 proxectos no programa Poctep

Dez proxectos de investigación da Universidade de Vigo foron seleccionados na convocatoria do Programa de Cooperación Transfronteiriza da Interrexión España-Portugal (Poctep). Entre eles repartiranse tres millóns de euros de cofinanciamento, que supón o 75 por cento do orzamento total das iniciativas. O restante será aportado pola propia universidade. As investigacións están relacionadas cas enerxías renovables, saúde, nanotecnoloxía, hidroloxía, biotecnoloxía ou envellecemento.

O obxectivo do programa é xerar proxectos que fomenten o intercambio entre as institucións españolas e portuguesas, polo que moitas das investigacións lévanse a cabo en colaboración con entidades lusas. Segundo sinalou a vicerreitora de Investigación da UVigo, Asunción Logo, o resultado da convocatoria é “moi bo“, xa que a iniciativa “encaixa plenamente coa estratexia transfronteiriza que xa temos co norte de Portugal”.

Publicidade

O Poctep pretende unir esforzos entre os centros de investigación ibéricos

O proxecto que acadou maior financiamento, con 555.000 euros, é Nanoeater, unha investigación dos grupos de Inmunoloxía, Química Coloidal, Óptica Física e Procesado en Sinal de Comunicacións e o Centro de Investigacións Agroambientais e Alimentarias. Centrarase na transferencia e valorización de nanotecnoloxía a pequenas e medianas empresas innovadoras da Eurorrexión.

A Uvigo coordina un dos proxectos adxudicados, denominado Iberos, e dirixido polo catedrático Pío González, do grupo de Novos Materiais. Propón a creación dun instituto de bioenxeñaría en rede para o envellecemento saudable que aposta polo traballo de I+D+i colaborativo e orientado á diagnose e tratamento de doenzas relacionadas coa idade.

Amais, os investigadores vigueses participarán nas iniciativas Biomasa-AP, Código-Mais, CVMAR+I e Red_may, relacionadas co uso enerxético da biomasa, a innovación en saúde, a valorización da biotecnoloxía mariña e a análise do envellecemento e o eido rural. Xunto a investigadores lusos, a UVigo tamén estará presente no proxecto Visit Río Minho, que pretende preservar o entorno do río.

No campus de Ourense tamén se desenovlverán tres proxectos: MarRisk, que estudará a adaptación costeira ante o cambio climático, Risc_ml, para a prevención de inundacións e secas na conca dos ríos Miño e Limia, e Iberphenol, que pretende poñer en marcha unha rede ibérica de investigación en polifenoles.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Galicia notifica 10 mortes ao día por consumo de tabaco

A investigadora da USC Julia Rey Brandariz constata na súa tese que a comunidade galega é a duodécima que máis falecementos rexistra por esta substancia

O aire en Europa é o máis seco dos últimos 400 anos

Unha investigación demostra que, desde principios do século XXI, se está a producir un desecamento xeralizado debido á actividade humana

Identificada unha proteína esencial na regulación da obesidade

Un estudo do CSIC descobre que Dido1 ten unha función clave no desenvolvemento do tecido adiposo

Por que algúns pacientes teñen covid persistente e outros non? Este estudo dá na clave

Un equipo do Hospital Universitario de Zúrich busca mellorar a atención aos doentes con novas estratexias de tratamento