Claustro de Fonseca, sede da Universidade de Santiago de Compostela.

Claustro de Fonseca, sede da Universidade de Santiago de Compostela.

Os estudantes de ‘letras’ da USC son os mellor valorados polas empresas en España

Un estudo sitúa ás universidades de Santiago e Vigo entre as máis destacadas

Os titulados en Ciencias Sociais e Humanidades da Universidade de Santiago de Compostela son os mellor valorados polos empregadores, segundo o Ránking Universidade-Empresa da Fundación Everis. Este informe ten por obxectivo determinar as mellores universidades en cada eido de coñecemento e, ao mesmo tempo, establecer as universidades onde están mellor valoradas as titulacións máis demandadas en España. Ademais tratouse de coñecer as competencias máis importantes en opinión dos empregadores e analizar as competencias necesarias nos titulados recentes para desenvolver axeitadamente o seu posto de traballo.

Así, a USC obtén unha puntuación de 8,26 no ámbito das Ciencias Sociais e Humanidades. O informe sinala que a USC é a mellor valorada en canto a honestidade e compromiso ético, habilidades interpersoais e a comunicación, capacidade de análise e resolución de problemas, a orientación a resultados así como os coñecementos técnicos que achega aos seus titulados/as para o exercicio da profesión. A universidade santiaguesa tamén obtén un posto destacado, o quinto, na rama de saúde e benestar, cunha puntaxe de 7,56. Aquí, os estudantes destacan pola súa honestidade e compromiso ético.

As enxeñarías da UVigo tamén entran no ‘top 10’ de valoración

Pola súa banda, a Universidade de Vigo tamén obtén un posto destacado no ámbito das ciencias e enxeñarías. É a oitava universidade mellor valorada, cunha puntuación de 7,48. Ademais, a titulación de Enxeñaría Industrial tamén entra no top 10 de España. Este é un posto a ter en conta, xa que esta carreira é a segunda máis demandada polos empregadores, despois de Administración, Xestión e Dirección de Empresas.

O ránking elaborouse a partir das enquisas realizadas a responsables de contratación das empresas participantes, entendidos como os representantes das decisións de selección e contratación das empresas. En cada área de coñecemento tivéronse en conta un número mínimo de contratacións. Así, en Humanidades e outras Ciencias Sociais e en Saúde e Benestar tomáronse en consideración aquelas universidades que tiñan como mínimo 30 contratacións por ámbito de coñecemento. En total o estudo recolle as valoracións de preto de cen titulacións impartidas por 82 universidades, mentres que as avaliacións baséanse no traballo realizado por 15.485 titulados recentes contratados por empresas españolas de 10 ou máis traballadores. No caso específico de Galicia, rexistráronse os datos de 129 empresas: 38 con entre 20 e 49 traballadores; 36, de 100 a 499 empregados/as e 25 de 50 a 99.

2 respostas a “Os estudantes de ‘letras’ da USC son os mellor valorados polas empresas en España”

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.