O físico José Edelstein xunto a Stephen Hawking.

O físico José Edelstein xunto a Stephen Hawking.

O físico da USC José Edelstein, premio ó mellor libro de divulgación científica

'Antimateria, Magia y Poesía' vence nos Premios de Edición Universitaria, que tamén galardoaron á USC pola mellor tradución

As obras editadas pola Universidade de Santiago Antimateria, magia y poesía e Semiótica de textos selectos. Charles Sanders Peirce resultaron gañadoras dos XVIII Premios Nacionais de Edición Universitaria que recoñecen as mellores publicacións das universidades e centros de investigación de España de 2014.

Antimateria, magia y poesía fíxose co galardón á mellor obra de divulgación científica. Entre as razóns para entregar o galardón a este libro, do que son autores José Edelstein e Andrés Gomberoff, o xurado destacou “a claridade da exposición e amenidade do tratamento de temas verdadeiramente complexos nun soporte económico que favorece a difusión”. Este volume é o primeiro da ‘Biblioteca de Divulgación. Serie Científica’ da USC que dirixen os profesores Francisco Díaz-Fierros e Jorge Mira.

“Dar visibilidade á produción científica galega a través duns textos selectos de Pierce”. Ese é o motivo que levou ao xurado dos Premios a considerar que a mellor tradución dos volumes editados o pasado ano polas universidades españolas é Semiótica de textos selectos. Charles Sanders Peirce , responsabilidade de María Uxía Rivas Monroy e Manuel Outeiriño e vixésimo cuarto número da colección ‘Clásicos do pensamento universal’.

Aquí podes ler a entrevista que GCiencia fixemos a José Edelstein na presentación do seu libro:

 

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.