Venres 19 Abril 2024

O Campus Terra de Lugo acolle o evento Global ImasT2016

O edificio Cactus do Campus Terra da USC acubillará o vindeiro 23 de novembro a conferencia de Tecnoloxía de Alimentos da cuarta edición do Global ImasT2016, un evento de emprendemento e innovación orientado a mellorar o grao de competencia e de innovación que se celebra de xeito simultáneo en 13 cidades españolas e no que participan empresas, universidades, inversores e administracións públicas.

A vicerreitora de Investigación e Innovación da USC, Isabel Rodríguez-Moldes Rey , o vicerreitor de Desenvolvemento Científico e Tecnolóxico do campus de Lugo, Andrés Barreiro Lois, e José Manuel Cotos Yáñez, adxunto ao reitor da USC para Transferencia, Innovación e Emprendemento, serán os encargados de abrir a sesión programada no edificio Cactus da sede universitaria luguesa.

Publicidade

Este mesmo escenario acubillará de seguido unha mesa redonda co título ‘Gobernanza, cultura e talento’, na que intervirán como relatores a Vicerreitora de Transferencia e Innovación da Universidade de Zaragoza; o director de GCiencia, Eduardo Rolland Etchevers, e Carlos Herrero Latorre, profesor da área de Química Analítica na Facultade de Ciencias da USC.

Mercado, financiación e coñecemento centrarán a temática do segundo coloquio organizado no marco da Global ImasT2016, unha sesión que contará como relatores co director xeral de Feiraco, José Luis Antuña; o director xeral do Igape, Javier Aguilera Navarro, e co responsable de I+D+i da spin off da USC Innolact SL.

GCiencia participa no evento cun relatorio a cargo do director do portal, Eduardo Rolland

Global ImasT é o evento máis importante de emprendemento e innovación que se celebra entre as universidades e as empresas, investidores e administracións públicas en España coa finalidade de dinamizar o ecosistema de innovación. Desde 2013 presentáronse a investidores máis de 150 proxectos no marco deste foro, que xa contabiliza uns 200 relatores convidados e máis de 3.000 participantes ou seguidores.

Nesta cuarta edición, o Global ImasT, un evento que se transmitirá de xeito íntegro e gratuíto por streaming a través da súa web,  contará coa participación de máis de 120 expertos internacionais de recoñecido prestixio e investigadores pertencentes ás máis de 10 universidades e centros de investigación asociados ao Global I+T.

A apertura do evento correrá a cargo de Raúl Mata, fundador do grupo eGauss Business Holding IT, e Daniel Isenberg, profesor BabsonCollege e creador do proxecto ‘BEEP-BabsonEntrepreneurship Ecosystem Project’. De seguido, o xornalista Iñaki Gabilondo pronunciará o relatorio inaugural.

O presidente da International Association of ScienceParks and Areas of Innovation (IASP), Josep M. Piquei; o director xeral de RedEmprendia, Senén Barro; Emma Fernández, managingpartner en KleinrockAdvisors e ex sénior executive vice-presidente en Indra; a directora xeral da Asociación Española para a Calidade, Marta Villanueva; Rodrigo Recondo, presidente do Instituto de Capital Risco (INCARI), e Javier García Martínez, premio MIT TechnologyReview aos investigadores menores de 35 anos, tamén estarán presentes nas distintas sesións plenarias.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un bólido cruza a costa de Lugo ata caer no Cantábrico

A segunda bóla de lume visible dende Galicia en apenas dúas semanas procedía da chuvia de estrelas das delta-leónidas

Gciencia celebra o Día da Lingua Materna cun relatorio sobre a divulgación en galego

A xornalista Laura Filloy abordou a importancia de trasladar o coñecemento científico á sociedade nun acto celebrado no Campus de Lugo da USC

Novos achados revelan o carácter funerario da ‘roda’ de Adai, un xacemento único en Galicia

A descuberta dunha ola que se conserva completa e de pé sobre unha lousa suxiren que servía para actos rituais fundacional

Atopado o talón de Aquiles da rata toupa, a praga que azouta a montaña luguesa

O estudo do órgano vomeronasal deste mamífero subterráneo avala o uso de químicos para diminuír a súa poboación e frear o seu impacto na agricultura