Vista de San Xerome, sede da reitoría da USC.

Vista de San Xerome, sede da reitoría da USC.

Criminoloxía, Biotecnoloxía e Paisaxe, novos graos propostos pola USC para o curso 2018-19

Os dous primeiros ofertaranse en Santiago, e o terceiro, desenvolvido coa UDC, impartirase na EPSE de Lugo

O Consello de Goberno da USC aprobou na súa reunión deste martes solicitar á Secretaría xeral de Universidades a implantación de tres novos graos para o curso 2018-2019. Son as titulacións de Criminoloxía, Biotecnoloxía e Paisaxe. De ser aceptadas, as dúas primeiras impartiranse en Santiago, e a outra en Lugo.

O grao de Criminoloxía é unha proposta que parte da transformación dun título propio previo cunha longa traxectoria na oferta formativa da USC. Impartiríase na Facultade de Dereito, onde se desenvolve actualmente o Diploma Superior en Criminoloxía. Outras universidades do estado imparten estudos similares propostos ao aprobado polo Consello de Goberno con destacado grao de aceptación entre o alumnado que accede á Universidade á vista das notas de corte.

O grao de Biotecnoloxía é unha titulación que aproveita a experiencia e capacidade da USC no ámbito do seu Campus de Excelencia Internacional Campus Vida e que entronca coa aposta estratéxica da Xunta de Galicia polo sector biotecnolóxico na comunidade autónoma. O grao estaría adscrito á Facultade de Bioloxía e á Escola Técnica Superior de Enxeñaría. Segundo datos da propia Xunta, no ámbito da produción científica, a biotecnoloxía xera preto do 38% das publicacións científicas en Galicia, eido no que se teñen rexistrado 307 solicitudes de patentes entre 2011 e 2014 e nas que se captaron máis de 27 millóns de euros en programas estatais e europeos. Nos últimos tres anos, segundo a Xunta de Galicia, as empresas usuarias de biotecnoloxía medraron un 86% e o sector emprega na actualidade a máis de 2.100 persoas, das que o 53% foron contratadas en 2014.

Pola súa banda, o grao en Paisaxe, impartido de forma conxunta pola USC e a Universidade da Coruña, sería o primeiro interuniversitario de Galicia logo da implantación do Espazo Europeo de Educación Superior. Como se explicou no Consello de Goberno deste martes, é unha titulación de amplo espectro de actuación e necesidade salientando ademais as posibilidades de emprendemento dos seus titulados/as. A súa sede na USC estaría emprazada na Escola Politécnica Superior de Enxeñaría (EPSE).

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.